Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arrincan os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte pensando a música

Arrincan os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte pensando a música

Hoxe, venres 2 de setembro de 2011, dan comezo os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte. Uns encontros que ao longo deste mes de setembro combinarán filosofía e música, co obxectivo de achegar a música ao "borde", situando de novo á Costa da Morte no panorama cultural galego, como destacaba Carlos Oleite.

O curso pretende chegar a toda a veciñanza da bisbarra, e xa son dúas ducias de inscritos para reflexionar sobre a música. Que pode aportar a música para o pensamento, para a vida política e social será un dos eixos do programa, que se centra no seu poder de comunicación. Todos temos unha directa relación coa música, lembra un dos seus organizadores Javier Turnes, que destaca os 2 niveis do programa: un educativo, con charlas e debates, e outro máis lúdico con concertos varios.

Comezando a pensar

A apertura das sesións será ás 18:00h no Salón de Actos do Concello, coa recepción e apertura da man dos organizadores, o propio Turnes e Pablo Seoane, un filósofo e un músico.
De contado, ás 20:00h a Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte (ROFCOM) presentarase en sociedade. Será un bo momento para ver de primeira man aos "números un do jazz e da música clásica en Galicia", nesta sesión coompletamente aberta ao público. A ROFCOM, creada para a ocasión, con composicións ad hoc, actuarán tamén os sábados de todo o mes na Bar La Terraza do Hórreo.

Matriculas

Segue aberto o prazo de matrícula para os Encontros, para a que as persoas de Cee, Corcubión e Fisterra que queiran anotarse teñen un desconto do 40%.
Son dúas as formas de mátricula. A través da web da USC (www.usc.es) abrirán en breve o prazo de matrícula para inscribirse nas 4 sesións de fins de semana que se convalidarán por 1 crédito.

Pero ademais, dende www.pensaravoces.com poden formalizar as inscricións por fins de semana (35€ cada un) ou para as 8 sesións (120€ e 100€ para estudiantes).

Organización

Tremendo o equipo que estará detrás do evento. Esta edición, o mestre de filosofia Javier Turnes codirixe os encontros con Pablo Seoane, e contan coa colaboración de Nel Rodríguez Rial, Facultade de Filosofía, Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, USC (que producirá un Curso de Formación Continua equivalente a 1 crédito), e a asociación local, xérmolo dos seminarios, Universidade Cromática das Virtudes.
. Tamén patrocinan os Encontros o Concello de Cee e o de Fisterra, así as empresas: Ferroatlántica, Inforneria, Vive Fisterra (Servicios Turísticos), Bazarra, Fuco Corbelle ou o Hotel El Hórreo.

Vídeo Presentación

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

Comentarios