Xoves. 14.11.2019
El tiempo

As mariscadoras de Fernando Rei faenan en Stoupa

As mariscadoras de Fernando Rei faenan en Stoupa
Nova Exposición de Fernando Rei en Stoupa

A tenda Stoupa, o o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte, acolle unha nova exposición, desta vez da man do pintor Fernando Rei, que inundou a galería ceense de mar e salitre; e a cal será inaugurada o martes 1 de maio nunha nova sesión vermú, coa que esperan repetir o éxito da anterior. O profesor e escritor muradán Carlos Regueira será o encargado de abrir a presentación, que comezará ás 12h. e terá un formato moi dinámico.

Detrás da paixón pola pintura de Fernando Rei (Muros) existe unha técnica formada a base de moita investigación e de viaxar. Atrévese coa acuarela, o acrílico, óleo ou pastel, e sen dúbida un dos valores engadidos dos seus cadros é a súa pintura artesanal, feita por el mesmo a base de látex, minerais e pigmentos. Rei estudou e plasmou de forma marabillosa os movementos das mariscadoras faenando, a súa labor en equipo nos areais, a dureza do seu traballo a través das cores das súas roupas de auga que funcionan como códigos de localización no mar.

“Mariscadoras da Misela” está composta por 18 cadros de diferentes formatos, ademais de varias obras máis pequenas que lle dan un toque especial.. Con estas obras o autor pretende visibilizar a labor das mariscadoras: o seu esforzo, o seu duro traballo; así coma diluír o estigma social que sempre acompañou a estas traballadoras, coma o da pobreza.

A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h.

Cadro de Fernando Rei en Stoupa Cadro de Fernando Rei

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios