Domingo. 08.09.2024
El tiempo

As tarxetas máis bonitas do nadal ceense

As tarxetas máis bonitas do nadal ceense
certame-de-tarxetas-de-ferroatlantica-en-cee

Por quinto ano consecutivo, o Grupo Ferroatlántica celebrou o seu xa tradicional Certamen de Tarxetas Navideñas e debuxo libre que o Grupo convocou entre todos os centros de traballo de España e no que participaron niñ@s, hij@s ou niet@s da fábrica de Cee.

Concretamente, foron catro os participantes en cada modalidade do concurso, que recibiron de mans do director, Javier Vázquez, os premios polos seus traballos, no transcurso dun acto celebrado nas instalacións da fábrica ceense.

Entre todos eles, resultou finalista Mateo Paz Bergondo, de 5 anos, cuxo traballo será unha das imaxes do calendario da compañía, ademais de recibir un premio de 50€ e un diploma. Pola súa banda, resultaron tamén premiados na modalidade de temática navideña Kira Castro Trillo (5 anos), David Hernando Alvariñas (8 anos) e Miguel Mosteyrín Osa (7 anos), que foron premiados con 25? e un diploma cada un.

Na modalidade de debuxo libre, proclamáronse finalistas David Hernando Alvariñas (8 anos) e Kira Castro Trillo (5 anos), polo que recibiron 25€ e un diploma. Así mesmo, recibiron tamén un diploma pola súa participación Martín Hernando Alvariñas e Pablo Mosteyrín Osa.

Fonte

  • Ferroatlántica.

Comentarios