Venres. 04.10.2024
El tiempo

Aspadex estrea furgoneta gracias ao apoio da Obra Social La Caixa

Aspadex estrea furgoneta gracias ao apoio da Obra Social La Caixa
Que importante é o apoio económico das entidades privadas para as asociacións sen ánimo de lucro. Desta volta falamos da axuda que CaixaBank, a través da Obra Social La Caixa, brinda en forma de nova furgoneta, á Asociación ASPADEX. A entidade bancaria financiou a adquisición dunha nova furgoneta, que permitirá á entidade ceense mellorar o servizo de transporte que presta aos seus usuarios. ASPADEX abarca varios Concellos da Costa da Morte (desde Camariñas ata Muros, pasando por Mazaricos, Muxía, Fisterra…), cunha gran dispersión xeográfica. Por este motivo, a entidade necesita vehículos en boas condicións para desprazar aos usuarios desde os seus domicilios ata o Centro. As furgonetas son imprescindibles para que as 80 persoas con discapacidad intelectual poidan beneficiarse dos distintos servizos que ofrece a asociación. A Asociación ASPADEX agradeceu un ano máis a colaboración de CaixaBank de Cee, que vén colaborando en distintos proxectos, apoiando a integración das persoas con discapacidad intelectual, mellorando o mobiliario dos talleres. Aproveitando a entrega, o director de CaixaBank Cee, Rafael Suárez, coñeceu de primeira man as actividades do centro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios