Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Aspadex pecha con alegría un ano de inclusión

Festa de Nadal de Aspadex
Festa de Nadal de Aspadex
Aspadex pecha con alegría un ano de inclusión

A entidade de atención a persoas con discapacidade Aspadex rematou o ano con actividades cooperativas, solidarias e coa terceira edición do Concurso de Tarxetas de Nadal.

Día da Discapacidade

Xa o 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ademáis de actividades propias do Centro como a lectura do manifesto da Plataforma “Baixo o mesmo paraugas”, elaborou un vídeo conxunto con diversas entidades comarcais de atención á diversidade: Asociación Paseniño, Plataforma Reiseñores Nee, Apem, Ataxia Costa da Morte,SAT Costa da Morte e AFAFes Alzheimer; sendo a primeira vez que se pon en marcha unha iniciativa conxunta tan amplia para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.

Outras iniciativas

Como tódolos anos, Aspadex foi tamén partícipe da ornamentación da Árbore da Igualdade do Concello de Cée, xunto a Apem e o alumnado das unitarias de Pereiriña e Brens.
A Asociación recibíu tamén por parte do alumnado de 6º do CEIP plurilingüe unha aportación económica recaudada a través da venda de láminas “Os oficios da muller no mar”; unha inicativa artística-solidaria da mestra Ana Sanisidro Lojo, coa colaboración de Stoupa.gal.

O Nadal

POSTAis de Nadal de Aspadex

E este pasado 22 de decembro, tivo lugar no Centro sito en Toba a celebración de Nadal, con visita do Apalpador incluída, na que se fixo entrega dos premios do Concurso de Tarxetas de Nadal Aspadex, que vai xa pola terceira edición. Nesta edición o xurado estivo composto por Palmira Castro; educadora e artesá, Manolo Canosa; Mestre de Plástica e Deseño, e Viki Rivadulla; pintora e escultora.

E as persoas galardoadas foron Manolita Insua (Tarxeta máis orixinal), J. Antonio García (Tarxeta máis colorida), Domingo Pereira Dominguez (Mellor mensaxe navideña), J. Manuél Parga e Bienvenido Rodeiro (Tarxeta máis realista), Luis de La Torre Alonso (Mellor Tarxeta Abstracta), Leonor Chao Díaz (Mellor combinación de técnicas e materiais), e Natalia Lado Sixto (Tarxeta máis creativa).

Tódolos premiados recibiron un Diploma acreditativo, un agasallo personalizado e ademáis os seus traballos forman parte da felicitación navideña oficial dunha Entidade, que quere agradecer a todo o mundo, sobre todo aos clientes da súa tenda solidaria en Cée e da súa tenda online masqueunregalo.org, que axudan a poñer en valor o traballo realizado polas persoas con discapacidade nos seus Centros.

Comentarios