Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Auditorio de Cee, base de residencia para as mellores compañías do país

Aine residencia artistica en Cee Codice
O Auditorio de Cee, base de residencia para as mellores compañías do país

Xa aconteceu co espectáculo Fariña, e volve pasar de novo co espectáculo Códice K. Está a gusto Ainé Producións no auditorio Baldomero Cores, e volve realizar a súa residencia artísica na vila da Xunqueira para preparar a estrea do vindeiro 24 de marzo en Santiago, deste espectáculo de Manuel Cortés dirixido por Tito Asorey.

Gracias á colaboración municipal e particularmente do seu técnico de Cltura, Víctor Castiñeira, leva facendo ensaios dende o pasado 5 de marzo.

Códice K é un espectáculo sobre o roubo do Códice Calixtino, protagonizado por Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón, e coa música en directo de Russ. É comedia conta aquilo que non sabemos desta rocambolesca historia desde o punto de vista das mulleres que circunvalaron o caso.

Logo da súa estrea, Códice K, iniciará unha xira por Galicia, regresando o 19 de agosto ao Auditorio da Casa da Cultura de Cee para abrir a IX Semana do Teatro e as Artes Escénicas do Concello de Cee: Á EsCEEna!.

Corbacho en Cee

Por outra parte, este domingo 19, a partir das 19:00h, dentro da programación cultural contarase co monólogo de José Corbacho, "Ante todo, mucha clama". O polifacético artista chega este xoves a Galicia para acudir ó programa Land Rober da TVG onde promocionará o seu novo monólogo que se poderá ver neste fin de semana en O Grove, A Estrada e Cee.

Novas relacionadas

Comentarios