Martes. 24.05.2022
El tiempo

“Fariña” queceu motores en Cee para a súa estancia en Madrid

Farina en Cee
Os membros de Fariña ao remate dun ensaio no auditorio de Cee
“Fariña” queceu motores en Cee para a súa estancia en Madrid

Do 17 de decembro ao 31 de xaneiro, o espectáculo teatral “Fariña” estará nun dos grandes teatros de Madrid, o Cofidís Alcázar. E a recta final para a posta a punto do espectáculo desenvolveuse a Costa da Morte. As características ideas do Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee, fixo que a produtora Ainé Producións contactase co Concello para solicitar o auditorio para realizar esta “residencia artística”. O Concello prestoullo con orgullo.

A obra, baseada no libro de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey, puido desplegar no escenario ceense case todo o seu arsenal e volver cargas as baterías para cumplir a demanda de espectadores da capital despois dunha primeira xira na que as 22 funcións realizadas no Matadero, conseguiron cheo (coa restrición de aforo obrigada) cun total de 6.000 espectadores.

O elenco está formado por caras tan coñecidas en Galicia como Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta. A obra comeza na nosa comarca, recuperando algunhas historias de naufraxios e raqueiros. Focaliza o comezo da historia no contrabando tabaco, e na impunidade da sociedade ante aqueles heroes vestidos de chaqueta, aportando, dun xeito singular e guerrilleiro, a información legal que tantas veces se nos escapa.

Fai parada nese momento no que a aparición das nais coraxe cambian a imaxe dos ata entón intocables, pon a Operación Nécora como gran fito, para dar un salto de 30 anos e situarnos na realidade de 2020, onde as drogas seguen a ser parte das nosas vidas, pero onde os traficantes son radicalmente distintos.

Ambientada por momentos nas Festas do Carme de calquera vila mariñeira galega, os shows verbeneiros dos versátiles Iglesias e Zerraeta, e a regueifa, forman parte do discurso.

Fariña sairá de xira polas grandes cidades de toda España a partir do verán, cun ambicioso plan de distribución que permitirá gozar do espectáculo nos grandes teatros de todo o Estado.

comentarios