Axenda: Cine, música, monólogos e festas mestúranse na Costa da Morte

09:45 14/09/12

Mediados de setembro e xa se nota que a temporada outono-inverno produce unha baixada da actividade cultural e festexeira. Se ben deixaremos de ir ao campo da festa para ir aos bares, ou aos cines, e aos teatros (hai que esperar pola programación) aínda temos algunha festa en liza.
Como as Festas das Dolores de Carnota, que inclúen ademais unha gran Festa da Queimada.
Pero o que destaca esta fin de semana son as propostas musicas, cinéfilas e monologuistas. En Cee teremos monólogo, mentres que en Sardiñeiro o monólogo chega acompañado dun concertazo de Blues.
Ademais, en Carballo a proposta é fantástica: sesión de cine seguida dun concertín.
- Axenda Patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo: Coñécenos polo Facebook do El Horreo Rte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).