Axenda cultural da fin de semana na Costa

11:55 07/04/11

Falta menos para a Semana Santa que vai chegar cargada cargada. Pero esta fin de semana tamén temos numerosas cousas que facer. Pero a grande protagonista da fin de semana é a obra Palabras encadeadas, de Talía Teatro. I é que as actuacións de sábado e domingo en Cee serán as últimas representacións desta obra que acadou dous premios (mellor dirección e mellor actor) nos Premios María Casares 2010.
Polo demais, en Muxía xa está aberta a Mostra de caricaturas de Siro, ou en Muros onde realizarán a presentación dun libro.
Ademais hai concerto en Carballo e o clásico teatro dominical en Vimianzo.
Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com. Aquí vos deixamos as propostas:
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).