Azulexos Solidarios para salvar o Museo da Pesca
Faille falta luz, pero moito máis para para mellorar esta xoia que coida con delicadeza poética Alexandre Nerium. Aí o vemos cos últimos “regalos” recibidos, que chega da man do novo programa de Responsabilidade Social Empresarial de Suministros Lar, chamado “Azulexo Solidario LAR”.
Trátase dunha colaboración co Museo da Pesca de Fisterra, nunha liña de participar na vida cultural da nosa contorna, desde un punto de vista creativo e sostenible. E sabendo os problemas económicos do Museo, Lar quere darlle unha volta, convertir o azulexo nun artigo decorativo ou de uso práctico, dándolle unha nova vida e mantendo o patrimonio.
A doazón consta de varios azulexos decorados con motivos mariños en colaboración con fabricantes como Mainzu e Colorker. Estarán expostos e os visitantes poderán adquirilos aportando un donativo que quedará para o mantemento do propio museo.
Unha boa iniciativa, sen dúbida, pero que teña que vir unha empresa privada a propoñer solucións para salvar un patrimonio tan válido e valioso como o Museo da Pesca, dá conta do noso retraso socioeconómico.
Repaso do último certame
Novas relacionadas
Fonte
- Lar.