Baldosas en mal estado na rúa Darriba de Cee
Manda hoxe unha nota de prensa o BNG de Cee criticando o estado da Rúa Darriba. A rúa, empedrada no 2008 mediante un obradoiro de emprego, atópase con ducias de pedras levantadas, movidas ou que tambalean ao seren pisadas.
Sinala o seu voceiro local Serxio Domínguez Louro, que "nas últimas semanas son varias as persoas que sofriron lesións nos nocellos e nos xeonllos, o que, a mais das consabidas molestias para as persoas que as sofren, poden en calquer momento seren un prexuizo económico para o Concello, xa que calquera reclamación por tal motivo terá que ser atendida económicamente polas arcas municipais, como xa pasou en innumerábeis ocasións nos últimos anos".
Así, o BNG de Cee presentou un escrito no Concello onde “insta a equipa de goberno a actuar de inmediato na devandita rúa, colocar as pedras na súa posición orixinal e de forma que non volvan a moverse para evitar riscos innecesarios para os peóns e posibles indemnizacións aos viandantes lesionados”.
Novas relacionadas
- Un asasinato, un maltrato e un abandono: mala semana para os cans na Costa.
- Unha sobre fusión: 8 Novos Concellos formarían a Costa da Morte.
- Primeiras críticas do BNG de Cee ao novo goberno polos recortes.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.