Nano Unzueta reúne en Stoupa á elite da artesanía costeira
Non é doado reunir nun evento á elite da artesania da Costa da Morte e Stoupa conseguiuno na inauguración da exposición ‘Nano Unzueta, 40 anos de oficio', que se celebrou o pasado sábado na galeria ceense que estaba abarrotada de público e onde os máis recoñecidos oleiros da comarca: Aparicio Añón, Nacho Porto, Carmen Isabel Labrador, Eloy Mancebo, Manuel Figueiras ou os oleiros Lista e Gorín arrouparon a Nano Unzueta na inauguración da mostra retrospectiva da sua traxectoria profesional.
Outras personalidades do mundo cultural como María Bella, Antonio Nodar, Victoria Blanco, Rafael Mouzo… non quixeron perder a cita no xa convertido fervedoiro cultural máis importante da comarca.
Presentou o evento Begoña Fernandez, xerente de Stoupa que agradeceu a Unzueta a súa colaboración desde o nacemento da galería e lembrou que mesmo foi el o autor a exposición inaugural de Stoupa en xullo de 2016. Lembrou como coñeceu ao artesán a principios dos anos 90, cando creou unha marabillosa peza de artesanía para a súa voda, xunto cunhas réplicas en miniatura para todos os invitados.
Unzueta fixo un repaso da súa traxectoria profesional e de moitas anécdotas desde que chegou a Buño desde Eibar, en 1979, os seus 20 anos de oficio en Carnota e o seu posterior traslado a Brión, así como da súa decisiva estancia en Nova Zelandia onde descubriu a necesidade de valorar a cerámica de uso cotián, funcional e estético ao mesmo tempo.
Ata o 5 de decembro pode gozarse en Stoupa da obra dun oleiro que hoxe é sen ningunha dúbida un dos referentes mais importantes na Artesania da Galicia contemporánea, cunha colección que está formada tanto por pezas históricas do artesán, como polo seu impresionante deseño de cerámica funcional, con pratos, cuncas, xerras, teteras, cuncos ou ensaladeiras. Esta mostra é sen dúbida unha gran oportunidade para que todos visitantes poidan adiantar a compra os agasallos do Nadal.
María Bella, á esquerda, con Antonio Nodar
Nano Unzueta con Aparicio
Novas relacionadas
- Mon Lendoiro leva ás sáus colaxes á comarca de Fisterra.
- Stoupa festexa o seu terceiro aniversario con dúas novas exposicións en Cee e Santiago
- Stoupa convirte as crebas en arte.
- Xoanxo Cespón e Pepe de Olegario levan o mar costeiro a Stoupa e ao mercado La Galiciana.
- Stoupa abre a temporada de exposicións de 2019 cos Voantes de Laura Tova.
- Artistas e creadores da Costa da Morte brindaron en Cee por novos proxectos para o 2019.