A Galería Stoupa pecha o 2019 como referente cultural
Cee converteuse outra vez este domingo no punto de encontro da cultura, da arte e do emprendemento da Costa da Morte. Como ven sendo habitual nestas datas, a Galería Stoupa celebrou o seu fin de ano particular, reunindo a máis de medio centenar de persoeiros vinculados á cultura costeira que están comprometidos co proxecto de visibilizar e poñer en valor o inmenso talento artístico dos autores da Costa da Morte.
O domingo a mediodía foron pasando pola sesión vermú de Stoupa, ademais de amigos e clientes da tenda, personaxes relacionados coa arte e a cultura como Viki Rivadulla, Pepe de Olegario, Fernando Rei, Xosé Iglesias, Santiago Garrido, Xoanxo Cespón, Nacho Porto, Nano Unzueta, Trenzarte, Reme Beiro, Mighel FK, Frank Buschmann, Roberto Traba o Carlos Regueira, entre outros. Tamén estiveron representantes de innovadoras empresas locais de produtos autóctonos e empresarios do sector turístico.
A celebración, como en anos anteriores, resultou moi animada porque non é moi habitual que poidan saudarse e compartir as súas inquedanzas profesionais, artistas e creadores das máis variadas disciplinas: pintura, artesanía, escultura, literatura, fotografía, música ou moda.
Begoña Fdz., Reme Beiro, Nacho Porto, Xosé Iglesias e Viki Rivadulla
Agalla Costa da Morte por Nadal
Os invitados, antes de brindar para que no 2020 Stoupa poda seguir actuando como o epicentro da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte, desfrutaron da colección exposta na tenda-galeria, #Stoupido2019, que é unha exposición conxunta de sete artistas colaboradores de Stoupa, que invita aos que a visitan a que regalen neste Nadal, agasallos da terra, obras e produtos únicos, feitos na súa totalidade por autores vinculados a esta comarca.
#Stoupidos2019 pode visitarse ata pasar a fin de semana de Reis, de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.
Viki Rivadulla e Pepe de Oleghario
Roberto Traba e O Mighelo
Novas relacionadas
- Nano Unzueta reúne en Stoupa á elite da artesanía costeira.
- Mon Lendoiro leva ás sáus colaxes á comarca de Fisterra.
- Stoupa festexa o seu terceiro aniversario con dúas novas exposicións en Cee e Santiago
- Stoupa convirte as crebas en arte.
- Xoanxo Cespón e Pepe de Olegario levan o mar costeiro a Stoupa e ao mercado La Galiciana.
- Stoupa abre a temporada de exposicións de 2019 cos Voantes de Laura Tova.
- Artistas e creadores da Costa da Morte brindaron en Cee por novos proxectos para o 2019.