Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto
Segue a E.S. Bazarra demostrando que fai da súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) unha bandeira. Unha das poucas empresas da zona que aposta por dinamizar o seu entorno apoiando empresas, colectivos e asociacións do eido do deporte (como Club Olimpia, o ACB Costa da Morte ou o UC Cee, pasando pola peña moteira Rachando o vento), da cultura (como o Museo Fernando Blanco ou Leo KCh) e agora como o ensino.
Onte facían público o convenio co IES Agra Raíces, para promover ademais valores de solidariedade, pois van a apoiar o proxecto Agra Solidario. E precisamente dende Bazarra reflexionan sobre a importancia de “Educar en solidariedade”: A idade dos alumnos do IES Agra de Raíces fai que estean nun momento de gran relevancia para a educación en valores. É un momento critico na súa formación no que lle toca elixir o seu destino profesional. Pero, a esa idade, tamén están elixindo o camiño que tomarán no seu rol como cidadáns.
Neste caso, a nosa colaboración é económica e destínase a varias actividades:
- Rastro solidario coa entrega de vales de desconto e produtos para poder poñer á venda no mercadillo.
- Deporte solidario: axuda económica para a realización de diferentes actividades deportivas e a organización da Gala Deporte Solitario.
- Incentivos aos mellores expedientes académicos: axudas económicas para aqueles alumnos que destaquen nos seus resultados académicos.
Novas relacionadas
- A Fundación Fernando Blanco ten tamén o seu mecenas.
- Carburante para seguir berrando en silencio.
- As motos rachan o vento da Costa da Morte dende Bazarra.
- O Clube Olimpia recarga combustible con Bazarra.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Bazarra.