Venres. 03.05.2024
El tiempo

Bazarra mobiliza unha campaña de posta en valor do comercio local

Primeira premiada Flori Romero en Bazarra
Flori Romero, a primeira premiada, con Julio López
Bazarra mobiliza unha campaña de posta en valor do comercio local

Ata 17 comercios uníronse á campaña de posta en valor do pequeno comercio de Cee impulsada pola Estación de Servizo Bazarra. Unha campaña ideada para fomentar a economía circular, e facer que quen compre nun, compre en todos os comercios locais da vila da Xunqueira.

A idea é que cada persoa que reposte máis de 10 euros na gasolineira poida cubrir os datos e participar nun sorteo semanal de 50 euros en vales para gastar nos 17 comercios adheridos. Participan Fersi, Imprenta Paco, Clínica La Paz, Milar, Catro Follas, Lencería Rosant, Florentino Cee, A Nube de Aixa, Foitería Belén Vila, Ferretería Casa Lado, Suministros Lar, Dequipo Aurora Sport, Versalles, Pura Vida, Pasos Máxicos e Carnicería Valentín.

”Estamos moi contentos, a verdade. Fomos a 17 comercios e a resposta foi estupenda en todos eles, polo que esperamos que a campaña sexa un éxito de publicade para todos”, explica o promotor Julio López, Xerente de Bazarra.

Tendes toda a info do sorteo en bazarra.com/sorteo-viajando-juntos/ ou nas redes sociais de Bazarra.

sorteo bazarra

Comentarios