Martes. 15.06.2021
El tiempo

A Biblioteca de Cee ten lista a exposición sobre Xela Arias

Mostra sobre Xela Arias na Biblioteca de Cee
Mostra sobre Xela Arias na Biblioteca de Cee
A Biblioteca de Cee ten lista a exposición sobre Xela Arias

No marco das Letras Galegas, e paralelo ao programa cultural ceense, a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", despois de decidir os Premios de Achegamento Literario, acolle unha mostra sobre a figura, vida e obra de Xela Arias, escritora, profesora, tradutora, editora, e galega de ben á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2021.

A mostra, sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, que estará aberta ata o videiro 28 de maio, foi preparada con esmero por Jose Ramón Senra Rey, e consta de dez carteis informativos da exposición itinerante "Xela Arias. Asinamos ser libres", impulsada pola Xunta de Galicia e  libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Pública do Concello de Cee.

comentarios