Martes. 19.10.2021
El tiempo

A Biblioteca de Cee falla os gañadores dos 30 anos de certames literarios

marcapaxinas
Imaxes dos marcapáxinas gañadores da XV edición
A Biblioteca de Cee falla os gañadores dos 30 anos de certames literarios

Despois dun ano sen premios, a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee, volvía convocar o XXX aniversario do Concurso Literario de Achegamento ó Libro e do XVII Concurso "En busca do noso Marca-páxinas”. E xa ten os gañadores, aos que lle fará a entrega este venres, día 14 de maio, ás 18.00 horas no Auditorio "Baldomero Cores" da Casa da Cultura.

Os certames, que coma sempre tratan de “fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos e nenas de Educación Primaria canles de expresión creativa na nosa lingua”, tiveron este curso unha participación de 247 traballos (140 marcapáxinas e 107 proposta para o certame literario).
Forman un total, nos 30 anos de vida dos mesmos (1992-2021) de 7.649 traballos presentados.

O Xurado, integrado por José Ramón Rey Senra, Técnico da Biblioteca “Francisco Mayán” do Concello de Cee; Teodomiro Lamela Rodeiro, Responsable das Axencias de Lectura de Ameixenda e Brens; Manuel Calo Canosa, Técnico de Deportes do Concello de Cee; con Victor Manuel Castiñeira Castro, Técnico de Cultura coimo Secretario, ditaminou os seguintes premios:

A obra gañadora do 1º e 2º Curso de Primaria foi: “Un regalo eterno” de Mauro Lago Elorza, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
- “Un virus, una carballeira, un conto e un soño” de Celia Trillo Balbuena, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “Alex e os fantasmas” de Hugo Trillo Trillo, do C.E.I.P. A Igrexa – Brens.
- “A viaxe de Iria” de Lara Mosquera Leis, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
- “Lucas e Lúa” de Diego Baamil Andrade, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

A obra gañadora do 3º e 4º Curso de Primaria foi: “A bágoa” de Sergio Fernández De Larrinoa Deus, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
- “Xulio e o misterio dos libros” de Helena Canosa Durán, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
- “O devorador de libros” de Adriana González Leira, do Colexio “Pio XII” de Santiago de Compostela.

A obra gañadora do 5º e 6º Curso de Primaria foi: “Ler desbloquea un superpoder” de Marta Otero Fernández, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
- “A maxia dos libros” de Gala Simón Piñeiro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “A lagoa dos cristais” de Paula Costa Casais, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

No referente ao XVII CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”, a obra gañadora foi: “A lectura, un mundo de cores” de Azara Antelo García, do C.E.I.P. de A Igrexa - Brens.
Recibindo accésits as obras:
- “Irás moi lonxe, se les” de Daniela Insua Trillo, do C.E.I.P. de A Igrexa – Brens.
- “Un libro, unha aventura” de Antón Sambade Vázquez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “Todos podemos ler” de Uxía Novo Cambeiro, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
- “Os libros parlantes” de Iria Góñez Pazos, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

Novas relacionadas

comentarios