Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Biblioteca Francisco Mayán acolle unha mostra bibliográfica sobre Florencio Delgado

Mostra en Cee Florencio Delgado Gurriaran en Ce
A Biblioteca Francisco Mayán acolle unha mostra bibliográfica sobre Florencio Delgado

Ata o videiro 25 de maio a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, acolle unha mostra sobre a figura, vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha mostra para coñecer de preto a obra deste avogado de formación, activista cultural, editor, tradutor, articulista, poeta, home ponte entre a Galicia exiliada e a Galicia interior e galego de ben, á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2022.

Dez carteis informativos editados pola Secretaria Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, revistas e  libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Pública do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou  como escritor e intelectual comprometido coa nosa cultura e lingua galega  Florencio Delgado Gurriarrán.

A Real Academia Galega ca súa nominación, para ser o homenaxeado nesta edición das Letras Galegas, salda unha débeda histórica cunha persoa comprometida na defensa da cultura do pais, e por outra banda, temos unha moi boa oportunidade para proxectar a literatura e as letras galegas ao redor dunha figura da que nos debemos sentir orgullosos; e como bibliotecario espero e desexo que esta celebración do Día das Letras Galegas e o interese pola literatura galega esténdase mais aló do mes de maio.

 
Mostra Florencio en Cee

Comentarios