A Biblioteca Francisco Mayán entregou os premios escolares de achegamento á cultura
A Casa da Cultura acollía este luns 16 de maio a entrega dos premios do XXXI Concurso Literario de Achegamento ó Libro e do XVIII Concurso "En busca do noso Marca-páxinas", que un ano máis convocou a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee.
Concursos que teñen como obxectivos fundamentais “fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude”, como india o seu promotor Jose Ramón Senra Rey.
O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2017 foron un total de 371 traballos, sendo 22 propostas de cómic, 174 marca-paxinas e 175 contos.
Nos vinteseis anos de vida (1992-2017) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 6.972 traballos presentados.
XXXI CONCURSO LITERARIO DE ACHEGAMENTO Ó LIBRO
A obra gañadora do 1º e 2º Curso de Primaria foi: “O trasno máxico” de Asier Triñanes Lestón, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
- “Dúas amigas atrapadas nun libro” de Sira Simón Piñeiro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “O gato perdido” de María Domínguez Túñez, do C.E.I.P. A Igrexa – Brens.
- “Os animais van ao cole” de Sofía Paz Pazos, do C.E.I.P. A Igrexa – Brens..
- “Os irmáns e as pinturas máxicas” de Carmen González Oliva, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
A obra gañadora do 3º e 4º Curso de Primaria foi: “Brais sen Wifi” de Adrián Soto Riera, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
- “A historia maravillosa” de Lara Mosquera Leis, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
- “A mellor das veciñas” de Ada Martínez Outes, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
A obra gañadora do 5º e 6º Curso de Primaria foi: “O conto que nos papou” de Ían Canosa Domínguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee..
Recibindo accésits as obras:
- “A lectura” de Gaizka Lago Elorza, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
No tocante ao XVIII CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”, a obra gañadora foi: “Ler, ler e ler...é o meu superpoder” de Antón Sambade Vázquez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
Recibindo accésits as obras:
“En cada libro un mundo novo” de Uxía Iglesias Neu, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
“Pérdete na lectura” de Jorge Méndez Alvariño, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
“Árbore de letras” de Ana Paz Canosa, do Colexio “Eugenio López” de Cee.