O BNG de Cee censura o "branqueamento" de Xeal
Non é nova a práctica das empresas contaminantes de tapar as malas prácticas a través da compra de vontades, con convenios ou axudas directas a certas entidades do territorio que explotan. Podemos por ver como eólicas como Greenalia practica accións do coñecido como "greenwashing" para evitar ser vistos a nivel social como unha auténtica depredadora. E nesa situación, é unha mágoa ver como os gobernantes municipais sucumben unha e outra vez a esta clase de práticas para conseguir uns poucos fondos máis para gastar nas súas deterioradas vilas.
O pasado 4 de decembro acontecía un evento clarividente. A alcaldesa de Cee posaba xunto coa directora de Xeal asinando o convenio para financiar o mural da rúa da escola, recentemente inaugurado. Un fermoso mural de homenaxe ao pasado baleeiro do pobo, pero o proceso ten outras lecturas, como denuncia o BNG.
"Non podemos mais que censurar o acordo asinado con Xeal, e polo tanto a posterior foto saída na prensa, que o único que fai é branquear a empresa que está acabando co futuro industrial e económico do noso pobo. Debemos lembrar que as actividade nas fábricas, neste momento, está moi por baixo da actividade que sería normal, traballando con só dous fornos rebaixados de potencia, un en Brens e outro en Dumbría, vulnerando claramente as clausulas das concesións das centrais existentes no río Xallas, e que ligaban a actividade industrial coa xeración de enerxía eléctrica", denuncia o voceiro do grupo da oposición.
Serxio Domínguez lembra que "nos últimos catros anos, pasouse de 400 traballadores e traballadoras a 220, entre directos e indirectos, co correspondente impacto social e económico que isto ten nas familias e na sociedade de Cee e da bisbarra, mais emigración e menos cartos que xiran na economía local".
"Non debemos esquecer tampouco que unha empresa creada “ad hoc” para o fin, falamos de Feroe Ventures, trata de construir no monte da ruña, en Mazaricos, unha balsa para xerar 400 MW , co impacto tremendo que iso terá na auga de cosumo que sae polas billas das nosas vivendas, xa de malísima calidade nos últimos tempos".
Con todo isto, para o BNG, "a alcaldesa de Cee non debería en entrar en operacións de lavado de imaxe dunha empresa que está a aproveitarse dos nosos recursos, mentres manda os cartos a fora e empobrece Cee, e si debería encabezar as alcaldesas e alcaldes da comarca para esixir que se cumpra coa legalidade. Cee, con sete millóns de euros de orzamento, non pode depender da esmola envelenada de quen só fai mal a sociedade ceense", sentenza.
Máis novas