Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide á Consellería recuperar o depósito de auga de Porcar

Deposito de auga de Porcar-Lires_Cee
O BNG de Cee pide á Consellería recuperar o depósito de auga de Porcar

Nestes tempos de anegacións, o BNG bota un ollo ás súas infraestruturas da auga. Concretamente aos depósitos de auga, sitos en puntos estratéxicos, fundamentais para o sistema de abastecemento. A realidade é que mentres uns continúan en activo cun mantemento normal e outros son substituídos e sofren o abandono e deterioro paulatino ao non seren desafectados nin tampouco reparados e/ou saneados. Moitas vecedes dependendo das comunidades de augas das parroquias, sen que os Concellos.

Ademais do labor antes dito de aporte de carga de auga para posibles lumes, serven e serviron para que @s gandeir@s poidan recoller auga deles para o seu posterior uso nas explotacións.

O BNG pon o foco no depósito sito no lugar de Porcar-Lires, no concello de Cee. “Esquecido pola administración, na actualidade perde auga por todas as xuntas e está cheo de lama como resultado dun mantemento inexistente desde hai xa anos”, sinal Serxio Domínguez.

Explica que varios veciñ@s preguntaron ao Distrito V de Vimianzo e “recibiron a resposta de que era un dos que non tiñan para uso, que se servían doutro situado a un quilómetro aproximadamente, reconstruído en octogonal con paneis de formigón”.

”Como queira que o depósito en cuestión pode aínda ser útil, logo dunha reparación e co mantemento debido, por gandeiros e labregos da parroquia, desde o Bng trasladamos a cuestión a consellería de medio rural para saber si hai interese na súa desafectación e paso de titularidade ao Concello de Cee para que se faga cargo del e poñelo de novo en servizo. Si a resposta é positiva, procederemos a levar a iniciativa ao concello para facernos coa súa propiedade, reformalo e deixalo en condicións de uso óptimas”.

Comentarios