Venres. 17.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee propón "unha campaña diferente"

BNG de Cee acto campana 2023
O BNG de Cee propón "unha campaña diferente"

Nun salón de actos cheo, onde tivo que quedar xente na porta vendo a presentación, o BNG de Cee deu a coñecer a súa candidatura o pasado domingo. Foi no seu único acto aberto de campaña, pois este ano o grupo no vai facer mitines, e formula unha campaña casa por casa.

No evento de presentación, falaron Silvia Rodriguez, número cinco da candidatura; Montse Canosa, número tres; Mini Rivas, deputado do Bng, que tocou dúas pezas coa súa guitarra e Serxio Domínguez Louro, candidato a alcaldía que pechou o acto.

No medio proxectaronse tres vídeos nos que se fixo un repaso polo traballo desenvolvido estes catro anos, outro no que presentaron as cinco ideas forza da campaña e o último no que foron presentando unha a unha as persoas que forman parte da candidatura.

”Honradez, traballo, adicación e un alcalde que reciba a veciñanza cos brazos abertos e o sorriso na cara, co único interés de solucionar os problemas da xente”, sinalan.

Comentarios