Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG insiste na derogación da Lei de Estabilidade Orzamentaria

Serxio Domínguez, voceiro do BNG de Cee
O BNG insiste na derogación da Lei de Estabilidade Orzamentaria

Segue a ser unha necesidade para todos os concellos do estado. A Lei Orgánica de Estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira, coñecida como Lei Montoro, segue coartando as posibilidades económicas de cada Concello poñendo férreos límites ao gasto público, o endebedamento e a capacidade de investimento das entidades públicas. Unha Lei que ata de pés e mans aos gobernos locais e que obriga a destinar os superavits anuais á amortización de débeda, é dicir, a pagar aos bancos; ademais dunha contía moi pequena para gasto social, esta, aprobada recentemente.

De aí que o BNG de Cee e o BNG de Vimianzo, así como dende o BNG Nacional, volva presentar unha moción ao pleno para para esixir ao goberno central a derrogación desta Lei Orgánica de 2/2012, de 27 de abril, para que “nesta situación de grave crise para que deste xeito se poidan destinar os recursos dos concellos a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica”.

O voceiro local Serxio Domínguez aclarou que o” groso do remanente de tesourería non se pode investir nas necesidades da veciñanza, polo que se fai imprescindible a modificación da citada normativa tributaria -a Lei Montoro-. Está claro que, nestas circunstancias é máis necesario que nunca a derrogación da lei, porque así poderemos destinar este remanente a políticas de reactivación. económica”.

Comentarios