Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG levará ao Parlamento os problemas de saturación no Centro de Saúde de Cee

Centro de Saude de Cee
O BNG levará ao Parlamento os problemas de saturación no Centro de Saúde de Cee

Continúa, nunha situación xa crónica, saturado o Centro de Saúde de Cee. A Atención Primaria está a ser a que máis está sufrindo esta 6ª onda da COVID, e igual que no Centro de Saúde de Cee, tamén acontece en Dumbría, Vimianzo, Ponteceso ou Carballo.

En calquera caso, dende o BNG de Cee queren levar a situación do centro ceense ata o Parlamento, para denunciar que “nestes intres hai 3 de 5 facultativ@s traballando e 4 de 5 no persoal de enfermaría. No que ten a ver co persoal de administración, están todos os profesionais no seu posto, mais vense totalmente desbordados pola situación”. Ata 70 veces hai que chamar ao Centro de Saúde para que te collan, asegura a veciñanza.

”Xa estamos far@s de escoitar sempre o mesmo, non hai médicos para contratar, non hai enfermeir@s para contratar, nós queremos pero…”, denuncian dende o BNG estas “frases feitas que tan só serven para encubrir a ineptitude de quen goberna o país”.

No relativo ao persoal de administración a situación é distinta, hai traballadoras nas listas esperando a ser chamadas.

Por iso, o Bng de Cee vai levar ao parlamento galego, por medio do deputado Daniel Pérez, a situación do centro médico e pedir explicacións e responsabilidades.

Comentarios