Sábado. 28.11.2020
El tiempo

O BNG solicita que se inclúan as obras do Mercado Municipal no POS+21

O BNG solicita que se inclúan as obras do Mercado Municipal no POS+21

Segue esperando o mercado municipal ese impulso que o volva colocar como referencia comarcal. Ten xa o Concello un proxecto de reforma que inclúe o cambio de ubicación da cafetería (pechada dende hai anos e sen accesibilidade), e mesmo o pleno xa ten aprobado, na anterior lexislatura, unha moción por unanimidade para afrontar a reforma. Pero nada se fixo por agora, e o que se fixo foron “actos propagandísticos”, segundo o BNG, como rematou sendo a zona azul.

O grupo da oposición recupera a necesidade de remodelar Mercado, recoñecendo que “un edificio con tan poucos anos non debería estar nas condicións actuales, xa que está a sufrir deterioros notables na súa estrutura, como o denotan as goteiras no tellado que cada pouco tempo aparecen”.

O BNG pide que se inclúa o proxecto no POS+21 da Deputación, pedindo ademais que o aparcamento subterráneo tamén poida ser utilizado por usuarios e usuarias do mercado.

Na petición tamén piden a modificación dos prezos dos locais do mercado (demasiado caros), adecuar a limpeza, e revisar e adecuar a cuberta do edificio para dar solución ao problema de humidade e goteiras nel.

Novas relacionadas

comentarios