O BNG traslada un parque de obras propostas pola veciñanza

10:57 01/12/20
Esta semana, o BNG de Cee vén de presentar unha lista de obras que saen das demandas veciñais que van escoitando. Todas elas son obras de baixo custe e moi necesarias.
Os representantes Serxio Domínguez Louro e César F. Pérez Martínez enumeran as propostas:
- Adecuación de, cando menos, unha das vivendas de propiedade municipal para emerxencias sociais. Preparación da cociña así como calquera outra necesidade que teña.
- Rampa de acceso ao cemiterio vello.
- Plan de Choque para rematar coas barreiras arquitectónicas.
- Pistas interiores de Brens: Renovación do firme e arranxo do sistema de evacuación de augas; e limpeza da área de cunetas para o paso de vehículos de emerxencias.
- Arranxo do Parque Infantil da Escola de Brens.
- Arranxo do camiño de Loureiros cara o mirador de Gures.
- Remate dos muros que quedaron das obras no lugar de Gures.
- Estrada interior de Morancelle de Arriba.
- Revisión e bacheado da estrada Cabaleriza-A Lagoa.
- Sistema antinéboa na estrada de Toba-Lires, dende a ponte que cruza a vía rápida ante a entrada de Cabaleriza.