Luns. 29.04.2024
El tiempo

Bombeiros e técnicos do 061 unidos por un convenio digno

Bombeiros e Ambulancias en folga as portas do Hospital de Cee
Bombeiros e Ambulancias en folga as portas do Hospital de Cee
Bombeiros e técnicos do 061 unidos por un convenio digno

Esta mañá Bombeiros de Cee e Técnicos das Ambulancias uniron forzas ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee nas súas loitas laborais.

Ambos colectivos están en folga ante a non renovación dos seus convenios laborais. As críticas son semellantes: carga de traballo en aumento, malas condicións, mal mantemento dos recursos.. Así nolo explicaban a semana pasada os Bombeiros de Cee.

Bombeiros concentracion Cee 2023
Así se concentraban esta mañá os Bombeiros de Cee
Ambulancia en folga en Cee
Ambulancia en folga 

Hoxe, os sindicatos da CIG, CCOO, USO e UGT dos técnicos das Ambulancias facían pública a folga que se desenvolven os días 6 e 7 de xullo, ademais dos 19, 20 e 21.
Critican que tanto a patronal concesionaria como a Xunta-Sergas e a FEGAM (Federación Galega de Ambulancias) non fan nada pola reactivación do convenio, o que provoca a indignación dos traballadores.
Sinalan que o aumento de carga de traballo foi “brutal nestes anos”, nunhas empresas onde o persoal te que facer horas extras (mal pagadas ou sen cobrar) todos os meses, sen descansos e vacacións regulamentarias, onde falta persoa, sen protocolos de desinfección dos uniformes (“poñendo en risco a saúde”).
Critican ademais os medios: “servizo: ambulancias deterioradas, ambulancias e bases se limpeza e desinfeccións adecuadas, falta material para realizar dignamente a nosa función e térmolo que coller nos hospitais porque, en moitos casos, as empresas non o teñen”.

”Non só loitamos polos nosos dereitos, senón polos de todas as persoas que nalgún momento teñan que empregar un elemento básico no sistema sanitario como son as ambulancias”, sinalan.

Ambulancia en folga en Cee
Ambulancia en folga en Cee

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios