Luns. 29.04.2024
El tiempo

A folga dos Bombeiros deixa a comarca de Fisterra descuberta

Material esfolado no Parque de Bombeiros de Cee
Material esfolado no Parque de Bombeiros de Cee
A folga dos Bombeiros deixa a comarca de Fisterra descuberta

Hoxe o Parque de Bombeiros de Cee quedou pechado e a zona comarca de Fisterra absolutamente descuberta. A folga dos Bombeiros mantense moi activa dende hai 10 días e as consecuecias podémolas pagar a veciñanza porque un servizo tan necesario coma este está pendente dun fío.

En Carballo, por exemplo, o Parque estivo parado na mesma noite de San Xoán (menos mal que non pasou nada) e hoxe, luns 26 de xullo, están pechados os parques de Arteixo, As Pontes, e Cee, porque non se deron cuberto os servizos mínimos, por falta de previsión ante baixas, permisos ou vacacións. Así, as dúas persoas (insuficientes para abrir un parque) que quedan en Cee van pasar o día ao Parque de Santa Comba.

Así, de acontecer ao longo do día de hoxe unha emerxencia en Fisterra, o tempo mínimo de resposta pasará a rondar os 50-55 minutos.

Condicións laborais e de soldo

Falamos dos parques comarcais de Bombeiros que en 2020 foron rescatados pola Xunta e a Deputación na forma do Consorcio. Pero a relación, que xa era tensa coa empresa privada concesiaria, non mellora. Polo de agora non hai respostas da administracións (de feito ameazan con non negociar ata pasado o verán), ante o “abandono” que sinten en relación ao deterioro máximo do material de traballo. En Cee por exemplo, non teñen coxíns neumáticos, fundamentais para os rescates, os camións están avariados, o calzado é inadecuado, as condicións do parque son lamentables….

Ademais piden tamén que se recoñeza a “fixeza” dos postos de traballo (existe unha sentenza favorable do TSXG pero nada se fixo aínda), un convenio adecuado (hai varis convenios distintos entre os 10 parques da provincia), e recompensas familiares decentes en caso de accidente.

Novas relacionadas

 

Comentarios