xoves. 23.01.2025
El tiempo

A nova banda Unto Vello descobre a súa tradición en Brens

Unto Vello Concerto en Brens
A nova banda Unto Vello descobre a súa tradición en Brens

A Sociedade Deportiva Cultura de Brens organiza este domingo 22 un concerto co grupo, Unto Vello. Este novo grupo de música tradicional galega está formado por dous xoves talentos, Bieito Pereira e Xabi Gómez; este último con raíces parroquia, Brens.

Un dos obxectivos destes músicos, é "que os cantares dos nosos maiores non se vaian a outro mundo" e con esa máxima actuarán de balde ante todas aquelas persoas que queiran achegarse á Casa de Cultura de Brens o domingo 22 ás 8 da tarde.

Unto Vello, aínda que un grupo de recente creación, xa está nominado ao Premio do Público do concurso Youtubeiras, grazas ao vídeo "Corcubión- Corralín".
Con todo isto, a calidade musical está asegurada este domingo en Brens.

Comentarios