A Cámara abre un programa de Apoio ao Comercio Minorista cunha sesión informativa en Cee

09:50 18/09/20
Este venres 18 de setembro ás 16:30 h. na Casa da Cultura do Concello de Cee, a Cámara de Comercio da Coruña comeza unha rolda de presentacións da súa nova campaña de apoio ao Comercio Minorista na Costa da Morte. Será a primeira reunión informativa, que durará media hora, e que servirá para coñecer as bases das novas axudas da entidade.
Un programa enfocado a mellorar a competitividade dos comercios locais e fomentar a innovación, tendo varias liñas de traballo:
- Realizar unha proposta de valor diferente á competencia..
- Crear unha experiencia de compra.
- Como podemos comunicar mellor a nosa proposta de compra.<7li>
- Como mellorar a circulación na nosa tenda: Visual Merchandising.
- Optimizar o escaparate.
- Deseñar un calendario de campañas.
- Dinamización comercial.
- Venda en liña.
Poden acodir á sesión informativa ou pedir máis informaciónao xestor de zona no 664 012 870.