Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Canto cobraban os traballadores a xornal na Fundación Fernando Blanco en 1892?

Albaran fundacion
Canto cobraban os traballadores a xornal na Fundación Fernando Blanco en 1892?

Singular a serie de concursos que a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee comezou hoxe a realizar a través da páxina de Facebook “Fundación Fernando Blanco de Lema. Uns concursos centrados en cuestións anecdóticas ou curiosas da entidade ao longo da súa historia.

Nesta primeira pregunta, Darío Areas amosa este albarán no que aparecen os traballadores que traballaban “a xornal” (ademais dos fixos), e cómpre adiviñar, sen pasarse, o total dos salarios pagados na semana comprendida entre o domingo 17 de xullo e o sábado 23 de xullo de 1892.

O premio deste primeiro concurso será triple. Consistirá nun exemplar da novela “O Octopus de Tinuco” e outro da novela “La muerte del indiano Felipe”, ambas de Benjamín Sande Rodríguez, ex-alumno da Fundación Fernando Blanco e natural de Cee, así como unha reproducción dunha acuarela do Instituto Fernando Blanco realizada polo pintor chileno Luís Guillermo Guerra Aguilera.

A Fundación fará público o gañador o sábado 6 de febreiro.

Comentarios