Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carta dende Lires á Alcaldesa de Cee: “Cando unha alcaldesa mira para o outro lado.... “

Inés Fraga, responsable do complexo turístico Ría de Lires, leva tres anos de periplo burocrático pelexando co Concello de Cee non saben moi ben por que. Unha canaleta , un muro... calquera cousa leva valendo para mesmo chegar a ter pechado o complexo durante 4 meses dun verán. Hoxe, quere sacar todo o silencio que leva acumulado con esta carta, dirixida á alcaldesa de Cee.
Complexo Ria de Lires
Carta dende Lires á Alcaldesa de Cee: “Cando unha alcaldesa mira para o outro lado.... “

Carta dende Lires á Alcaldesa de Cee: “Cando unha alcaldesa mira para o outro lado.... “

Estabamos a saír aos poucos dunha pandemia na que todos intentamos resitir e subsistir, e cando xa parece que podemos ver a luz do final, atopamos co túnel escuro do Concello de Cee. Avogados, arquitectos, expedientes emitidos con carga maliciosa que pretenden xustificarse no inxustificable, negocio pechado, sete e algunha familia máis no paro... danos morais os que máis, económicos mellor non contalos... E a alcadesa que mira para o outro lado...

Quee lado é ese Sra. Alcaldesa? Que agocha? Que ten en vostede tanto peso en contra, que denega ata en tres ocasións reunirse cunha empresaria a que lle ordea pechar a forma de gañarse o pan de cada día? E por fín, reúnese despois da imposición de agardar horas na porta dunha oficina baldeira e intercambiar un “Bo día” por un “¿Me estás grabando?”. Non chego a comprender nese “nivel”, pero déixeme decirlle que as súas formas non se rixen por unha boa ética profesional. Do persoal non comento, de seguro durme mellor cos demáis.

Os clientes chegan a porta, pechada, outro día máis, a alcaldesa “manda“, teñen que dar volta, e iso que non é facil chegar, os accesos brillan pola súa ausencia, pero por sorte temos clientes que insisten en vir, infraestruturas municipais que non cumpren ca mínima accesibilidade , liña de comunicación igualmente denegada por impedir a compañía telefónica a colocación dun poste que a canalice, sen recollida de lixo, porque total, non se accede...Bueno, agora xa temos, uns contedores invadindo o dominio privado. Entón, qué esixe aos demáis, Sra. Alcadesa? Non chego a alcanzar...Lembre cando menos, os principios do partido ao que representa...socialista e obreiro.

Reservas para cancelar cada día, sudores previos, meses de vacacións truncadas para moitos, ilusións mutiladas, moitas... Seica é "un tema técnico e xurídico, e ela non pinta nada nunha reunión", palabras textuais que lle ordea dicir a súa secretaria... Nalgún que outro pleno xa lle escoitei erguirse cun rotundo "aquí mando YO". Debería aclarar as súas funcións, os extremismos nunca foron positivos, quizais no seu afán de gobernar (dictar), igual algúns quedamos excluídos, e iso non é ético, Sra. Alcaldesa! Uns sin papeis e outros ilegais, invítolle a reflexionar, e verá que NON! Non é o mesmo! Uns dependemos da inexistente e boa fé dos que gobernan, e outros fano mal a sabendas. E porqué é necesario tanto abuso Sra. Alcadesa? Cal é o delito cometido? Que interese agocha, ou, qué favores debe pagar?? Non lle sairán moi caros??

Xentiña que nos espera e pregunta, sabemos algo máis? Xentiña da boa! Ca que tes a sorte de traballar cada día, agardan que a señora alcaldesa mude a mirada... Por que calas? A xente ten que saber... Porque quero rematar co pesadelo e poder traballar canto antes. Por que calas? Non sei, a alcadesa non me recibe... Por que calas? Xa non! Vou falar! Falo por respecto, falo porque outros veciños do meu pobo e incluso de máis alá poden verse nestes embrollos de política barata, falo porque a día de hoxe teño voz e voto, falo pola miña familia e amigos que sufren canda mín e conto co seu apoio, falo porque non teño nada que agochar, e falo, porque miro de fronte Sra. Alcaldesa, aínda que vostede mire para o outro lado!

  • Inés Fraga / Ecoturismo Ría de Lires

Comentarios