![expo_sirolopez_en Cee]()
Exposicion de Siro López en Cee
Co gallo do 40 aniversario da Constitución, a Deputación achega ata a Casa da Cultura de Cee unha interesantísima mostra “O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro”. Unha exposición na que, a través de 117 caricaturas, Siro lembra algúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a victoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982.
Na presentación que asina no catálogo da mostra, o xornalista Fernando Ónega afirma que a exposición organizada pola Deputación plasma a “esencia creativa de Siro” e apunta que “esta colección de dibujos es un capítulo apasionante de la historia de España y de Galicia; de la historia que hemos convenido en llamar Transición, con mayúscula, y que no es otra cosa que la apasionante construcción de la democracia y la ilusionante conquista de las libertades y los derechos civicos”.
A mostra inaugurada onte, permanecerá na Casa da Cultura de Cee ata o vindeiro 28 de outubro
Outra parada en Carballo
Tras a súa estancia inicial na cidade da Coruña e en Cee, onde permanecerá ata o 28 de outubro, a exposición continuará a súa itinerancia en Ribeira (Centro Cultural Lustres Rivas, do 8 ao 25 de novembro), Santiago de Compostela (USC, do 29 de novembro ao 16 de decembro), Carballo (Casa da Cultura, do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro) e Ferrol (Centro Torrente Ballester, do 7 ao 24 de febreiro).
Gabinete de Prensa