Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Cee acolle este venres unha charla informativa para os perxudicados polo coñecido como “Cártel dos coches”

  • Os propietarios que mercaron un coche entre 2006 e 2013 poden pedir indemnizacións polo sobrecuste pagado polo vehículo de resultas das prácticas anticompetencia.
Consumidores Cartel Coches
Cee acolle este venres unha charla informativa para os perxudicados polo coñecido como “Cártel dos coches”

Este venres, 11 de marzo, ás 19.00 horas, técnicos da Unión de Consumidores de Galicia recalan na Casa da Cultura do Concello de Cee no marco do ciclo de actividades informativas dirixidas a persoas consumidoras afectadas polo coñecido como “Cártel dos coches” no que informarán dos dereitos que lles asisten así como o procedemento a seguir e documentación precisa para reclamar. N

A problemática do cártel dos coches trae orixe nos expedientes sancionadores tramitados pola CNMV que remataron en distintas sancións (a súa maioría xa ratificadas polo Tribunal Supremo) a 34 marcas de vehículos polo intercambio de información confidencial que lles permitiu controlar o mercado da distribución e venda de vehículos.
Este cártel afectou a persoas, profesionais e empresas que adquiriron un vehículo ben por compra, leasing ou renting entre os anos 2006 a 2013. Os fabricantes afectados por este cártel son: Alfa Romeo, Audi, BMW, Chevrolet, Chrysler, Citroen, Dodge, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Jeep, Kia, Lancia, Lexus, Mazda, Mercedes Benz, Mitsubishi, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Volkswagen, Toyota, Volvo.

Unión de Consumidores de Galicia considera que as persoas afectadas poden reclamar o prexuízo sofrido como consecuencia do sobrecuste pagado polo vehículo de resultas das prácticas anticompetencia, un importe que podería supor arredor do 10% do prezo pagado polo vehículo, un aspecto que definirá o informe pericial que a equipa da organización elaborará con motivo destes procedementos.

Novas relacionadas

Comentarios