Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cee analiza a clave das emocións

Cee analiza a clave das emocións
conferencia-a-clave-das-emocions-en-cee

O vindeiro día 29 de decembro ás 20.15 horas teremos unha oportunidade magnífica para romper coa rutina e poñer en dúbida moitas crenzas. Está programado no auditorio da Casa da Cultura de Cee un evento moi especial. Trátase dunha conferencia impartida por Mario Tormo e Olivia Pérez co título “A clave das emocións”, en formato de taller teórico-práctico. A entrada será de balde.

Mario e Olivia son especialistas na Abordaxe e Xestión Emocional. Investigadores e escritores. Imparten moitos talleres e seminarios para a resolución de conflitos na aula, parella e na empresa. Eles viviron, fai uns anos, uns poucos meses en Sembra, unha pequena aldea de Cee. Quedaron namorados da Costa da Morte e da xente deste recuncho. Lamentablemente pouco pararon, pois eles son cidadáns do mundo e están viaxando de forma continua: Madrid, Indonesia, Cádiz, Perú, Cuba, México, China, India, Sudáfrica e un longo etcétera. Na actualidade residen en Murcia.

Son autores dun libro moi interesante: “Proyecto parental, gestación y sentido de vida” . Neste libro amósanos que a vida é algo máis que un proceso puramente biolóxico, desentrañando ese algo máis, pero esta vez si, da man da ciencia. Un libro no que é tratado de forma rigorosa, completa e de unha forma didáctica, o proceso de creación dunha persoa desde o punto de vista dos programas que dirixen e condicionan a súa existencia. Os autores conseguen que os lectores poidan entender o que é un neno, un gran descoñecido para a maioría. Quizais sexa o resultado dun proceso de creación que comeza moitos anos antes do seu nacemento e como non, en constante evolución e reconstrución, como consecuencia das emocións e programas, tanto propios como os proporcionados pola memoria da árbore xenealóxica. Sen que entendamos a nosa orixe, desde unha perspectiva ampla, dificilmente nos podiamos comprender.

Con este taller, “A clave das emocións”, os asistentes aprenderán a identificar as emocións, os marcadores somáticos, comprender a existencia dos programas que nos condicionan, etc. A emoción é un concepto que está na boca de moita xente, sen embargo moi poucos saben o que se coce no piso de abaixo, parafraseando ao filósofo e pedagogo José Antonio Marina.

Esta conferencia é de interese para calquera persoa, pero especialmente, para os que teñan relación cos nenos: pais, nais, docentes ou especialistas da saúde.

Fonte

Comentarios