Cee apraza o curso de Salvamento e prepara un de Defensa Persoal


O venres 6 de maio das 20.30 ás 22.30 horas desenvolverase un curso de "Defensa Persoal" na Piscina Municipal de Cee. Será impartido polo prof. José Calabria (IV Dan de Hapkido, I Dan de Defensa Persoal e I Dan Taekwon-Do ITF) e está organizado polo Club Cee Deportes de Contacto e conta coa colaboración do Concello de Cee.
Máis información e inscricións
As inscricións se poderán facer na Piscina Municipal de Cee ou ben chamando ao 981.747973 (Custo do curso: 10 €)

Aprazado o curso de Socorrismo e Salvamento
A falta de completar as 15 prazas mínimas, queda aprazado o Curso de Salvamento Acuático e Primeiros Auxilios que tiña prantexado a Piscina de Cee.
Máis información e inscricións
Na Piscina Municipal de Cee ou chamando ao 981-747973. Tamén poden chamar ao teléfono da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia: 981-977120
Serán máis de 140 horas en horarios de venres tarde, sábado mañá e tarde e domingo mañá. A cota de matricúlaa é de 395 euros. En caso de estar empadroado no Concello de Cee, subvenciónase nun 10 % , quedando en 355 euros.
Novas relacionadas
- Curso de Salvamento acuático en Cee para preparar socorristas de cara ao verán.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.