Curso de Salvamento acuático en Cee para preparar socorristas de cara ao verán


A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Concello de Cee e Aquacénit Lecer e Deporte, informa da posta en marcha dos cursos para a obtención das titulacións de SOCORRISTA ACUÁTICO E PRIMEIROS AUXILIOS, cuxo obxectivo é contribuír á formación da poboación para desenvolver o traballo de socorrista en praias e piscinas.
Ademais, están solicitados créditos de libre configuración pola Universidade da Coruña.
Curso de Salvalmento acuático e Primeiros auxilios en Cee
- DATA DE COMEZO: 30 DE ABRIL.
- DATA DE FINALIZACIÓN: 12 DE XUÑO.
- Horario previsto: Venres tarde, Sábado mañá e tarde e Domingo mañá.
- INSCRICIÓN: Na Piscina Municipal de Cee ou chamando ao 981-747973.
- NÚMERO MÍNIMO PARA PODER REALICAR O CURSO: 15 CURSILLISTAS.
Contido do curso
- Primeiros auxilios 40 horas.
- Lexislación. 10 horas.
- Psicoloxía: 10 horas.
- Anatomía e fisiología: 15 horas.
- Salvamento acuático: 65 horas.
A cota de matricula é de 395 euros. En caso de estar empadroado no Concello de Cee, subvenciónase nun 10 % , quedando en 355 euros.
Máis información e inscrición
Para calquera dúbida ou para recibir máis información chamar ao teléfono da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia 981-977120, situada na rúa Habitat, nº 8 baixo izq. Perillo-Oleiros- A Coruña.Ou na dirección de correo (formacion@fessga.es)
Fonte
- Nota de prensa da man de Diego Castiñeira Romeu, Profesor de Salvamento Acuático.