Cee arrinca o seu Outono Cultural

Presentouse este vernes o programa do Outono Cultural do Concello de Cee, que encherán de cultura vila da Xunqueira cunha ducia de propostas nos meses de outubro e novembro.
Son 3 os actos máis destacados. O primeiro é que a Real Academia Galega de Belas Artes celebre a súa sesión plenaria na nosa vila o vindeiro 23 de outubro, coincidindo co Ano das Artes adicado a Domingo Antonio de Andrade.
En segundo lugar, e en relación co Camiño, Cee acollerá un concerto moi especial para rematar o mes de outubro. Trátase do espectáculo “Piperegrinos: As gaitas do Camiño”, no que gaiteiros e músicos de diferentes partes da Península Ibérica amosarán os diferentes sons do Camiño. Ata 17 músicos compartirán escenario neste concerto dirixido polo gaiteiro galego e profesor na Escola de Música de Cee, Óscar Ibáñez.
O último evento fai referencia ó concerto da Orquestra de Cámara Galega o vindeiro 6 de novembro. Será a primeira vez que unha orquestra destas características toque en Cee, sendo unha oportunidade única, grazas ó patrocinio da Deputación de A Coruña, de ver e, sobre todo, escoitar a unha formación de gran prestixio que ten como obxectivos a promoción e difusión do patrimonio musical galego, no eido da música clásica e contemporánea, facendo un especial fincapé na figura e na obra de Rogelio Groba.
Ademais, o programa trae unha variedade máis que interesante: presentacións literarias como as do pregoeiro da Xunqueira 21, Xosé Iglesias, que abrirá este sábado o telón; o teatro de Cándido Pazó con Neira Vilas como telón de fondo, a poesía de Isaac Diaz Pardo, nesta ocasión da man de Esperanza Mariño ou o recital de Manuel Oliveira.
Neste sentido e como gran novidade, o aforo do Auditorio ampliase ata o 75% superando por fin as limitacións vixentes nestes últimos quince meses. Eso sí, mantense o resto do protocolo anti-covid incidindo especialmente no emprego da máscara.
ARTIGOS
- Mon Senra Rey: Monumento a Domingo Antonio de Andrade na súa vila natal – Agosto de 1990.
- Mon Senra Rey: Cee volve a lembrar a un dos seus fillos máis ilustres, Domingo Antonio de Andrade.
ESPECIAL DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE, POR VÍCTOR CASTIÑEIRA
- Especial Domingo Antonio de Andrade (I): Un ceense universal.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XI): Obras na Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval.
Finalmente, o técnico de cultura, Víctor Castiñeira, fixo un avance da programación teatral dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia que acollerá a nova obra da compañía ceense Talia Teatro o 12 de outubro ou o teatro coa muller como protagonista no mes de novembro.
Explicou tamén que a información completa deste programa (merca de entradas, retirada de invitacións según os casos) poderá consultarse polos medios habituais (Casa de Cultura, taboleiros de anuncios, web e redes sociais municipais).