xoves. 08.05.2025
El tiempo

Cee despide a Eligio Lado, un Policía Municipal que dedicou 25 anos ao servizo da veciñanza

Cee despide a Eligio Lado, un Policía Municipal que dedicou 25 anos ao servizo da veciñanza
Eligio Lago Iglesias, á esquerda, co uniforme de Policía Local de Cee Eligio Lago Iglesias, á esquerda, co uniforme de Policía Local de Cee

Onte falecía unha desas personalidades que necesitan recoñecemento. Eligio Lado Iglesias morría aos 84 anos, case 20 anos da súa xubilación. Estivo máis de 25 anos traballando como Policía Municipal de Cee, e era unha persoa moi respectada por toda a veciñanza.

Os aínda Policías Locais Manuel Casais e Moncho foron compañeiros de Eligio e recordan que era “bo compañeiro e traballador. Boa xente, unha respetable persoa”.

Outros veciños máis novos tamén lembran aquel home grande, corpulento, que con aquel uniforme negro ata ás veces “metía medo”. Pero a cousa sempre quedaba niso, porque despois era sempre moi amable coa rapazada, segundo nos contan veciños que o lembran patrullar.

A despedida será este mércores 29 de novembro ás 17:45 dende o Tanatorio Bergantiños de Cee, cara a Iglesia Parroquia de Cee.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios