Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee, Fisterra e Vimianzo acollen charlas sobre o cultuvo do castiñeiro

Cee, Fisterra e Vimianzo acollen charlas sobre o cultuvo do castiñeiro
Castañas recen collidas

Os responsables da Oficina Agraria Comarcal de Corcubión (Extensión agraria) están preparando unha serie de charlas pola zona. Cee, Fisterra e Vimianzo serán as próximas vilas en recibir unha charla sobre o cultivo do castiñeiro.

A finalidade destas charlas é formar e orientar sobre este cultivo tanto en solos forestais como agrícolas. Tamén con vistas á produción de froito ou producción de madeira. Así, repasarase onde plantar castiñeiros, cales son as variedades interesantes para esta zona; falarase dos coidados para o cultivo e a poda. Outros asuntos importantes que se tratarán serán a produción, pois o froito, a madeira e a microrrización de cogomelos son importantes vías de economizar estas plantacións.

Precisamente, os temas de custos e rendementos económicos da explotación, tamén se abordarán, así como se recordarán as Axudas da Consellería e os plans de mellora das explotacións e para as primeiras instalacións que hai abertas.

As datas son:

  • Fisterra: mércores 18 de xaneiro ás 18 horas no Salón de Sesións do concello de Fisterra.
  • Cee: venres 20 de xaneiro ás 18 horas na Sala de Conferencias da Casa da Cultura do concello de Cee.
  • Vimianzo: martes 24 de xaneiro ás 18 horas na Casa da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • OAC de Corcubión.

Comentarios