sábado. 07.06.2025
El tiempo

Cee inagura a semana do teatro coa obra Perplexo de IlMaquinario Teatro

Cee inagura a semana do teatro coa obra Perplexo de IlMaquinario Teatro
A obra Perplexo recibiu cinco premios Maria Casares A obra Perplexo recibiu cinco premios María Casares Esta noite, ás 21:30 horas, arranca no auditorio Baldomero Cores de Cee a II semana de teatro e das artes escénicas bautizada co nome “Á esCEEna”. IlMaquinario Teatro é a compañía encargada de abrir a mostra - que se prolonga ata o día 25 - coa representación da obra Perplexo. Partindo dun dos últimos textos de Marius Von Mayenburg - referente da vangarda teatral alemaná - a compañía contruiu unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos dentro da vertixinosa sociedade do século XXI. A obra de IlMaquinario Teatro recibiu cinco premios María Casares. Hai bonos para toda a semana e entradas individuais. Dende hoxe e ata o vindeiro xoves haberá unha representación por día que terán lugar sempre á mesma hora - ás 21:30 horas - e no mesmo lugar - auditorio Baldomero Cores de Cee.  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 

Comentarios