Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Cee e Laxe acollen este mércores citas da concentración nacional para pedir a aprobación da ILP Salvemos a Atención Primaria

Concentracions Sanidade Publica Cee e Laxe ILP
Cee e Laxe acollen este mércores citas da concentración nacional para pedir a aprobación da ILP Salvemos a Atención Primaria

Nova data de concentracións este mércores 26 de abril en defensa da Sanidade Pública. Máis de 20 vilas de todo o país sairán á rúa par apoiar a ILP Salvemos a Atención Primaria. Na Costa da Morte tamén, con concentracións en Cee e Laxe coordinadas pola Plataforma da Costa da Morte Pediatras e Matronas Xa:

  • Laxe: Centro de Saúde ás 12:00
  • Cee: Praza 8 de Marzo ás 19:00h.
Plataforma SOS Sanidade Publica
Ana Lestón á dereita

As costeiras Ana Lestón (da CIG do Hospital de Cee) e Vanessa Viquendi (da Plataforma da Costa da Morte Pediatras e Matronas Xa) participaron activamente na rolda de prensa que presentaba as demandas da mobilización: “conseguir que a Xunta de Galicia aprobe a Iniciativa lexislativa Popular que actualmente está en trámite no Parlamento Galego, e que se debaterá e votará o próximo 9 de maio na sede parlamentaria”.

Unha ILP que xa leva áis de 50.000 sinaturas, e que conta cunha presión social importante para reverter o que consideran o “fracaso do sistema actual: unha semana de espera para ser atendido o médico de cabeceira, consultas telefónicas en lugar de presenciais, servizos de urxencias e PACs pechados ou sen servizos mínimos…”

Dende a Plataforma lembran tamén que os traballadores da nosa sanidade pública son os peores pagados de España e “non están equiparados nin sequera co resto do funcionariado da propia Xunta”. “As condicións de explotación laboral obrigan a moitos traballadores do sector para marcharse fóra”.

Foi a fisterrá Vanessa Viquendi, representando a Pediatras e Matronas Xa a que resaltou que “o recente acordo co sindicato minoritario CESM non beneficia en absoluto á poboación, pois simplemente sobe o salario aos médicos que traballan na sanidade privada, algo ilóxico pois se utiliza parte dun orzamento público para algo que non repercute en absoluto nos pacientes, ademais de deixar clara a estratexia por parte da Xunta de seguir favorecendo permanentemente á Sanidade Privada”.

Como conclusión do acto a organización anunciou que o 9 de maio seguirán as mobilizacións cunha concentración diante do Parlamento Galego ás 10 da mañá, dia no que se espera que finalmente vaia a conseguirse a aprobación de dita ILP.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios