Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee e Laxe saíron á rúa para defender a Sanidade Pública

Vanesa Viquendi Sos Sanidade Publica en Cee-Foto-Rafa Quintans
Vanesa Viquendi na concentración de SOS Sanidade Publica en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Cee e Laxe saíron á rúa para defender a Sanidade Pública

A Costa da Morte acolleu na xornada de onte, mércores 26 de abril, dúas concentracións no marco da convocatoria de reivindicacións realizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública (na comarca apoiada pola Plataforma da Costa da Morte Pediatras e Matronas Xa). Unha mobilización que tivo como obxectivo de apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que ten colleitadas 50.000 sinaturas para esixir o reforzo a desmembrada Atención Primaria, que pasará o vindeiro 9 de maio por sede parlamentaria.

Pola mañá a primeira cita foi en Laxe, cunha concentración ás portas do centro de saúde. Fernando Regaldie, candidato de Podemos en Laxe e colaborador da Plataforma, foi o encargado de ler o manifesto nunha concentración na que tamén participou o BNG.

Pola tarde a cita foi na Praza 8 de marzo de Cee. Vanesa Viquendi, a persoa que leva liderando na comarca a loita durante estes últimos anos, dende a Plataforma Pediatras e Matronas Xa e tamén dende a recén creada SOS Sanidade Pública Costa da Morte, foi a encargada de lembrar a importancia da presión social para reverter o que consideran o “fracaso do sistema actual: unha semana de espera para ser atendido o médico de cabeceira, consultas telefónicas en lugar de presenciais, servizos de urxencias e PACs pechados ou sen servizos mínimos…”

Tamén falou a delegada da CIG no Hospital de Cee, Ana Lestón, lendo o manifesto da Plataforma.

Ana Leston Sos Sanidade Publica en Cee-Foto-Rafa Quintans
Ana Lestón-Foto-Rafa Quintans
Sos Sanidade Publica en Cee-Foto-Rafa Quintans
Foto-Rafa Quintans

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios