Cee lembra os 85 anos dos fusilamentos de Brens

09:53 09/12/21
Semana axitada para o RockCorner bar de Cee. O epicentro cultural acolle, ademais da presentación do primeiro libro de Junquera López, a presentación doutro libro cargado de memoria histórica.
O libro “Os restos do franquismo en Galiza” recolle a historia, entre outras moitas, a do fusilamento de 8 sindicalistas da fábrica de Brens, feito que quere recuperar o BNG de Cee.
A cita será hoxe xoves 9 de decembro ás 20:30h.