Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee pon en marcha distintos cursos de inciación a Internet e uso dos smartphone

Cee pon en marcha distintos cursos de inciación a Internet e uso dos smartphone
curso concello cee rede 2016 A próxima semana comeza o ciclo de cursos "Concello de Cee na Rede". En concreto ofertanse catro cursos diferentes: Iniciación a Internet; iniciación a Internet e búsqueda de emprego 2.0; iniciación a Internet para maiores e Internet avanzado e uso de smartphone para maiores. Este é o segundo ano que o concello organiza este ciclo de cursos dirixidos a distintos grupos da poboación: desempregados, maiores,... Como novidade, aqueles que xa se desenvolven mellor terán a oportunidade de seguir aprendendo e avanzando no seus coñecementos cun destacado papel do uso do smartphone e as súas posibilidades. Os interesados deberán apuntarse nas Oficinas de Orientación Laboral do concello de Cee ata que se completen o número de prazas dispoñibles. Fonte

Comentarios