Cee pon en marcha o programa deportivo deste verán
08:09 16/06/16
A terceira carreira pedestre; campus deportivos (que xuntaron a máis de 300 rapaces e rapazas o ano pasado); vela e eventos como o día da Bicicleta, o día do Deporte na Rúa ou unha xornada BTT familar son as principias activades do programa deportivo do próximo verán posto en marcha pola concellería de Deportes e Tempo Libre do concello de Cee que dirixe Mª del Carmen Díaz.
A primeira das actividades que se poñerá en marcha, do 27 de xuño ao 1 de xullo, son os cursos de vela lixeira, kayaks e talleres nauticos - impartidos pola Escola de Vela Cataventos - e que está dirixida a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Neses días tamén se poñerán en marcha o II campus de Fútbol Base - da man do S.R.D. Unión Club Cee, do II campus de Fútbol Sala "F.S.F. Villa de Cee". Tamén no mes de xuño, concretamente o sábado día 25, terá lugar a III carreira pedestre que está incluida no circuito de carreiras populares "Correndo pola Costa da Morte".
Xa en xullo - mes no que discorren gran parte da oferta deportiva - iniciarase o VIII Campus de Baloncesto Ferroatlántica "A.C.B. Costa da Morte"; o III campus de atletismo "A.D. Olimpia"; o III campus de Patinaxe Artística "C.P.A. Costa da Morte" e campus de verán "Club Arte e Movemento".
A terceira edición do "Día do Deporte na rúa" terá lugar o 16 de xullo de 11 a 14 horas. Xa o domingo 24 de xullo, as bicicletas percorrerán as rúas de Cee co gallo da XV edición do Día da Bicicleta.
Os veciños e veciñas interesados en participar en calquera das actividades poden inscribirse na oficina do Servizo de Deportes Municipal, sitiada no 2º andar Casa do Concello, no número de teléfono 981 745 100 (ext. 3) ou ben no correo-e [email protected].
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- Máis de 300 rapaces participan nos campus deportivos de Cee
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF
- Redacción QPC ([email protected])
- Cee