Cee propón un novembro Cultural con moita música


O Departamento de Cultura do Concello de Cee preparou para este mes de novembro unha programación na que a música (celebramos o mes de Santa Cecilia), será a grande protagonista. Diversas formacións instrumentais se achegarán á nosa vila para desfrute de todos e tamén como estímulo para os alumnos e mestres da Escola Municipal de Música.
Podemos destacar ademais das XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, a volta do grupo de música infantil Os Tres Tenedores que xa estiveron en Cee coa súa ensalada de instrumentos, e varios concertos de música clásica.
Ademais, o Concello de Cee súmase ós actos con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero e así, o venres 25 de Novembro representarase unha obra teatral ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello. A entrada a esta programación é gratuita.
Programa do Novembro Cultural de Cee
Tódos estes espectáculos terán lugar no Salón de Actos do Concello ás 20.00 h.
- Venres 4: SAX 40. Cuarteto de saxofóns.
- Sábado 5 e Domingo 6. XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
- Xoves 10: OS TRES TENEDORES. A danza dos instrumentos.
- Venres 18: IULIUS XIII. Unha orquestra en cinco instrumentos.
- Xoves 24: CAMPO DE ESTRELAS. Trío de corda.
- Venres 25: FORMA TEATRO. “Son da corda”. Obra teatral dentro dos actos do Día Internacional contra a violencia de xénero.
Novas relacionadas
- Unha viaxe con Pan de Raposo polos 1000 cogumelos galegos.
- Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa.
- Os Tres Tenedores achegaron a súa ensalada de música aos pequenos de Cee .