Cee propón un novembro de teatro e música
07:46 09/11/12
Xa está en marcha o programa do Outono Cultural 2012, que artella Concellería de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee, da man, como sempre, do técnico cultural Víctor Castiñeira.
Un programa que vén cargado de actividades de teatro e música.
Programa do Novembro Cultural de Cee
- Sábado 10. Salón de Actos do Concello. 20.00h. Monólogo. Josito Porto: “Laretadas”. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia. Entradas a 1.5 e 2.5 €.
Antes, ás 18:30h, haberá unha actividade para nenos chamada os Axóuxeres na Casa da Cultura de Brens. - Domingo 11. Salón de Actos do Concello. 20.00 h. Entradas a 1.5 €. Escola de Teatro de Muxía: “O médico a paus”. Dirixe: Artur Trillo.
- Sábado 17. Roteiro pola Compostela de Domingo Antonio de Andrade, no marco do Programa cultural sobre Andrade. Límite de prazas: 50.
- Domingo 18. Salón de Actos do Concello. 20.00 h. Entradas a 1.5 €. Escola de Teatro de Cee: “Mala hostia!”. Dirixe: Artur Trillo.
- Xoves 22. Salón de Actos do Concello. 20.00h. Concerto de Santa Cecilia: Coral Polifónica Follas Novas e Coral Polifónica Neria Costa da Morte.
- Sábado 24. Salón de Actos do Concello. 20.00h. Teatro (25N. Día Internacional contra a violencia de xénero). VerdeVeras: “Tacóns na corda” . Entradas a 1.5 €.
- Mércores 28. Salón de Actos do Concello. 20.00h. Música. “La Rosa de los Vientos”, concerto de vento - metal (mestres da Orq. Sinfónica de Galicia)
- Xoves 29. Salón de Actos do Concello. 20.00h. Música. Omar Percusión Group: Brasilafricano.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Cee.