Sábado. 16.11.2019
El tiempo

Cee queda, trala arquivación do caso de Mazaricos, como único concello investigado na Operación Orquesta

Cee queda, trala arquivación do caso de Mazaricos, como único concello investigado na Operación Orquesta
Santos Maneiro a saida dos Xulgados de Corcubión durante a Operación Orquesta en 2011 O ex alcalde de Mazaricos Santos Maneiro á saída dos Xulgados de Corcubión durante a Operación Orquesta en 2011

A Operación Orquesta segue quedando orfo de músicos. O pasado mes de abril era o Concello de Corcubión o que se libraba do proceso xudicial, uníndose así aos desimputados da separata de Fisterra.

A semana pasada o Xulgado de Muros arquivaba o caso de Mazaricos, no que estaban sendo investigados o ex alcalde popular, Santos Maneiro, ademais da Secretaria, o arquitecto, o conserxe e varios construtores.

Tras case 8 anos de líos xudiciais veñen de coñecer que a peza separada mazaricá está sobreseída.

Maneiro deixará unha das perlas da Operación, cando recoñecía o pago en B das festas da zona. “Como pensan que se financias as festas en toda Galicia?” preguntánbase durante a declaración.

Cee, o único onde realmente se cometieron delitos

Policia Nacional no Concello de Cee durante a Operacion Orquesta 2011-Foto-Marcos Rodriguez Policia Nacional no Concello de Cee durante a Operacion Orquesta 2011-Foto-Marcos Rodriguez

Queda así agora unicamente sendo investigado o Concello de Cee nun caso que está, bastante paralizado por mor das folgas da Xustiza, na Audiencia Provincial da Coruña, a pesar de ter aberto o Xuízo Oral dende decembro de 2016.

O aínda alcalde Ramón Vigo, o ex concelleiro de obras Candiño, así como varios traballadores e empresarios seguen pendentes da Audiencia e terán que pasar a declarar.

Parece entón que a Operación Orquesta se pode resumir dunha maneira moi sinxela: “Por culpa de Vigo e Ogando moita xente pasou uns anos moi malos”, sinalan fontes achegadas ao caso.

Novas da Operación Orquesta

Máis información

Artigos relacionados

Comentarios