venres. 13.06.2025
El tiempo

Stoupa estrea unha nova edición da exposición colectiva #9AnosStoupando centrada nas Paisaxes

Galeoska en Stoupa
Stoupa estrea unha nova edición da exposición colectiva #9AnosStoupando centrada nas Paisaxes

Este verán, como cada ano, Stoupa celebra a súa tradicional exposición colectiva, e nesta edición, a mostra leva por título "#9AnosStoupando: Paisaxes”, con obras de artistas que se agrupan baixo o nome de “Galeoska”. A exposición estará enriquecida pola participación da maioría dos integrantes provenientes da comarca de Bergantiños, quen achegará o seu talento e visión única a esta vibrante mostra artística.

”Galeoska” é un grupo de artistas galegos/as de diferentes disciplinas que se agrupan entorno a unha mesma paixón que é a arte. O grupo nace no 2018 da man de dous artistas Martina Bugallo e Sergio Ribeiro, e conta con artistas como Maribel Castiñeira “Xermaña”, Fernando Cobo, Josecho González, Isabel Soutullo, Loli Españae Luisa Paz.

Este grupo organiza xornadas formativas, workshops, mostras colectivas, feiras de arte, revista Galeoska, etc… baixo un lema de igualdade e cooperación entre os seus e as súas integrantes.

Máis novas

Comentarios